Páginas

13.10.08

Para saber máis

En Internet hai moitos sitios onde a xente coloca vídeos e presentacións que tratan moitos temas. Case sobre calquera asunto hai algo, e en moitos idiomas. Ademais, como este material é de uso libre e gratuíto, a autoría intelectual non orixina ningún problema.

Slideshare é un bo exemplo desas páxinas web. Entre as opcións que ofrece, permite ver a presentación en pantalla completa.

3 comentarios:

Sara Cid dijo...

Caderno de bitácora:
Os ventos mareiros foron propicios. Ventos de popa, non moi intensos pero sostidos,mais parece que chegamos a unha encalmada. Agardamos impacientes que Ismail interceda ante Eolo.
Navegaremos cara ao noso obxectivo.
Ánimo, mentras tanto rememos.

Ismail dijo...

Sara, mesmo imaxínote no Mediterráneo, cara o solpor do oeste, preto das columnas de Hércules... Por certo, que faría por alí Alberto? Para min que levaba un turbante na cabeza...

Alberto Romero dijo...

Anotacións ao caderno de bitácora:
Esa turbada criatura, como ben sabedes, precisa do mencionado "enrolamento craneal", para soster a súa imaxinada cabeleira, ao mesmo tempo que evita os males outonais.
Penso que se dirixía ao outro extremo do "mare nostrum" na procura de coridos tecidos.
Mantereivos informados.
Seguimos a navegación.