Páginas

26.10.08

A tradición do Magosto

O vindeiro venres, 7 de  novembro, celebraremos no colexio a tradicional Festa do Magosto. O día anterior terá lugar o "II Concurso de Tartas con froitos do outono".

Como xa é costume, cantaremos e bailaremos. Este ano a ritmo de pandeirada.

Aquí estamos no Magosto,

para comer unhas castañas,

achegádevos rapaces,

achegádevos rapazas.

Podemos acadar información e recursos nos seguintes enlaces:

Castanea Sativa: Información e recursos para traballar na aula.

Descubre a castaña: Información, actividades, receitas, animais fabulosos, o magosto.