Páginas

7.10.08

Unha presentación

Ulises, o heroe grego da guerra de Troia, foi o rei da illa de Ítaca. De volta á súa casa, nunha viaxe de máis de dez anos, loitou contra as tormentas e os perigos dun mar fabuloso.

Nós non somos heroes, senón mestres e mestras. E formamos o equipo de TIC nun colexio de primaria que está case debaixo dun aeroporto, a pouca distancia da ría do Burgo. Aquí non hai ningunha guerra, aínda que ás veces a tecnoloxía parece algo perigosa.

A Consellería de Educación envía material informático, pero non se interesa por moito máis. E despois pretende que se utilice ben, cando descoñece as necesidades reais do profesorado. Pois só o equipamento material non abonda. É precisa unha formación para atender esas novas ferramentas tecnolóxicas.

Por iso, este espazo virtual nace cun propósito humilde: atender á formación do profesorado, sempre que as nosas posibilidades así o permitan. Tamén queremos favorecer o intercambio de información, e difundir os materiais que en cada momento se elaboren.

Neste camiño, ao que estades invitados, é posible bater con algunhas dificultades. Non o negamos. Pero, por sorte, non haberá que regresar a Ítaca... Ou por desgraza? En calquera caso, boa viaxe!

Para entrenar esas mentes prodixiosas, aquí tedes un crebacabezas coa imaxe do colexio.

A ver quen o resolve?

 

[vía A Nosa Biblioteca]

13 comentarios:

Carmen Baña dijo...

Os compañeiros de Educación Infantil implicados no Equipo de TICS do colexio, queremos enviarvos un saúdo e animarvos a que visitedes e participedes no blog que creamos con moita ilusión.

Procuraremos ofrecervos recursos para que poidades disfrutar e aprender co voso alumnado coas novas tecnoloxías; asimesmo solicitamos a vosa colaboración para que nos aportedes ideas, suxerencias... que consideredes de interese para os compañeiros.

Vémonos na rede...


Susi, Carmen e Iván

Alberto Romero dijo...

Lembrades a "Mamasunción"? Aquela mítica curtametraxe de Chano Piñeiro, onde unha anciá agardaba a "carta" do seu fillo emigrado.
Tempos aqueles! Hoxe en día calquera "mamasunción" desesperada non precisa agardar que ninguén lle traia as novas. Basta unha conexión adecuada, algún "click", e as súas "esperas" desaparecen.
Ítaca, o seminario,non nace coa idea de enterrar o pasado. Nin moito menos! O nome tén unha xustificación. Pretende, nas nosas pequenas posibilidades, ofrecer o pouco que sabemos e aprender do moito que entre todos sabedes e coñecedes.

Anónimo dijo...

Este equipo é marabilloso...!

Sara Cid dijo...

Caderno de bitácora.
Aínda que as condicións mareiras e climatolóxicas non son as máis favorabeis, navegamos cara ao noso obxectivo. Animamos á tripulación a enlazarze, sempre atentos. Coidado cos troianos.

Mario Aller dijo...

Sara, un comentario fermoso. Creo que este blog vai descubrir novas escritoras...

Anónimo dijo...

Solo deciros algo:
Nunca pasa nada y si pasa que importa y si importa que pasa.
Adelante amigos

Alberto Romero dijo...

Dicían os antergos dos clásicos:Toda grande viaxe comeza cun pequeno paso.
Témolo dado, firmemente dubitativo, mais démolo.
Non hai volta atrás. Superaremos todas as vicisitudes.

Ana Real e Berta dijo...

¿Quen dí que non somos heroes?
Homes e mulleres de pouca fe.
Somos heroes anónimos/as que é o mellor que se pode ser para que deixen a un tranquilo.
Animamos a todo o colexio a que se implique e polo menos que deixe unha mensaxe de animo os máis heroes.
Desde a titoria de terceiro ciclo.
Ana e Berta

Mario Aller dijo...

Escribir é unha maneira de construír soños, que dicía unha escritora francesa...
Que os nosos soños cheguen ben alto, ata o lugar das nubes e as estrelas, para desde alí divisar todos os camiños que aínda nos quedan...
Unha grande aperta para toda a xente boa que deixou unha mensaxe.

ana y miguel dijo...

Me pidieron que mandara un comentario al mensaje de la pantalla anterior pero no encuentro como hacerlo asi q lo pongo aqui.
Solo quiero decir que estoy muy contenta de ayudar en lo que pueda y ahora os pongo un mensaje de mi hijo miguel:nhfdet7hggxxbcbcjvhh

Ana dijo...

El truco está en descifrar el de Miguel,alá decirselo a vuestros alumnos ,seguro que ya se pasan la sesión entretenidos

Ismail dijo...

A ver, Ana, debajo de la entrada "A primeira axuda" aparece el sitio de los comentarios. Es decir, al final de esa entrada... En todas las entradas pasará lo mismo, pues en cada una se pueden hacer comentarios. Un saludo. Ah, y de parte de Mario, gracias...

Anónimo dijo...

puzzle resuelto,es que soy una maquina,Ana