Páginas

20.11.08

Fondo Lector

Fondo lector é un programa, en castelán, de desenvolvemento da lectura comprensiva orientado aos alumnos/as que se atopan na fase de desenvolvemento da lectura e para todos aqueles que presenten problemas de comprensión lectora. Consta de tres niveis: básico, intermedio e avanzado.

Os mil exercicios dos niveis básico e intermedio son de seis tipos e están orientados aos alumnos/as que comezan a ler ou aqueles que presentan dificultades na comprensión lectora.

  • Ordenar as palabras dunha frase
  • Ordenar una secuencia de frases
  • Respostar a preguntas dunha lectura
  • Relacionar unha palabra co seu sinónimo
  • Relacionar unha palabra co seu antónimo
  • Atopar unha palabra que non garda relación coas demais

No nivel avanzado desenvólvense cinco tipos de exercicios, orientados ao perfeccionamento da comprensión lectora.Poden ser usados polos alumnos/as que teñan un certo desenvolvemento da lectura comprensiva.

  • Palabras polisémicas
  • Sinalar o significado dunha frase feita
  • Sinalar a idea principal dun texto
  • Frases con diferentes sentidos das palabras polisémicas
  • Sinalar o significado dun refrán

Enrédate un pouco e pincha no enlace que temos na sección de Linguas. Verás medrar a motivación dos teus alumnos como medra a escuma no mar rompente do golfo Ártabro.

1 comentario:

Mario Aller dijo...

Case teño ganas de botarme a ese "fondo", pero creo que vou agardar. Parece que hoxe Alberto botou as redes e pillou unha de lectura comprensiva. Ánimo, compañeiro, que alguén pinchará...