Páginas

7.11.08

Máis alto, máis rápido...

Na sección Recursos aparecen algunhas páxinas web que ofrecen contidos educativos de carácter xeral: xogos, aplicacións para diversas áreas, presentacións, fichas para imprimir, debuxos para colorear, contos, poesías, materiais realizados por outros mestres e mestras, etc.

É dicir, esta sección presenta recursos educativos que existen na rede, pero sen clasificar. A decisión sobre o seu uso máis oportuno queda para cada un de nós, pois haberá que investigar eses recursos para recoñecer as súas posibilidades. Así, talvez, chegaremos máis alto, e incluso máis rápido, aínda que o importante en Ítaca sempre será chegar. Por iso, non é obrigatorio imitar ao deportista do vídeo que hai debaixo...

Dan Osman, o escalador do vídeo, morreu traxicamente o ano 1998.