Páginas

20.3.09

Día do Libro Infantil

O próximo 2 de abril celébrase o Día do Libro Infantil. O IBBY (International Board on Books for Young People), que é a entidade organizadora, xa ten todo preparado. Este ano, a mensaxe é do debuxante e ilustrador Hani D. Al-Masri.  

IBBY, Hani D. Al-Masri

Eu son o mundo, e o mundo son eu,
porque a través do meu libro
podo ser o que queira.
Palabras e imaxes, versos e prosa,
lévanme a lugares veciños e distantes.

Na terra dos sultáns e do ouro,
mil historias que falan de todo,
alfombras voadoras, lámpadas máxicas,
xenios, ghouls e Simbad,
contan os seus segredos a Sherezade.

Con cada palabra en cada páxina,
viaxo no tempo e no espazo.
E nas ás da fantasía
o meu espírito atravesa terra e mar.

Canto mais leo, máis comprendo
que, co meu libro,
estarei sempre
na mellor das compañías.

IBBY, Eu son o Mundo

Con estes versos e ilustracións lembro a Contomundi, unha experiencia de animación á lectura que desenvolvimos o curso pasado. Mediante os contos populares e a imaxinación, os nenos e as nenas viaxaron por continentes e países, por desertos e montañas, por aldeas e cidades. Só tiñamos dous recursos: a lectura e os contos do mundo. Pero creo que chegamos moi lonxe!

Aínda que teremos menos tempo, algúns de nós, tanto nenos coma mestres, estamos dispostos outra vez. Se este asunto che interesa, deixa o teu comentario.

4 comentarios:

Alberto Romero dijo...

Ler é básico. IMAXINAR... a vida mesma. O can Rin é quen de refuzar a Crispín, o lobo, co de dentro para fóra, Merlín suxerirnos os máis fermosos feitizos,... Ler é vivir, viaxar, coñecer, formar valores,... Como deixar de vivir?

Mario Aller dijo...

Pois é certo, e por iso Ismaíl está tolo por iniciar outra viaxe. Contomundi no pode agardar máis. Adiante, que Ítaca xa agarda a nosa chegada...

Carmen Baña dijo...

As viaxes son emocionantes e abren os nosos ollos a novos mundos incribles. Quen podería rexeitar tal invitación?

Berta dijo...

Nós xa estamos a preparar as ás pa
ra voar.Atom