Páginas

25.4.09

Falan de nós

Estaba no sitio de REDETIC, Rede de Centros TIC da Consellería de Educación, e descubrín unha referencia ao noso blog Ítaca. No seu apartado Na Rede, había un enlace para entrada titulada KidRex, un buscador para nenos. Iso significa que saben de nós máis do que sospeitabamos, o que neste caso se agradece.

Acabamos de comezar, case desde cero, e tan mal non o estamos a facer. Claro que aínda faltan un montón de cousas e de ideas, e sobre todo de proxectos para realizar. Pero existimos na Rede. Agora haberá que saber continuar e non desaparecer. Ánimo!

Deixo unha canción para a primavera que non chega, Let´s Begin Again de John Rutter. É interpretada por Lyons Township High School Choir. E como di a canción, empecemos outra vez…

3 comentarios:

Natalia dijo...

¡Cómo para no hablar de vosotros! Cualquier iniciativa de este tipo debería estar premiada y apoyada por la administración, ya que al fin y al cabo las TICS son el futuro...

Y para que veais que con muy poco se puede hacer mucho... os dejo un enlace a un video que me encanta: http://www.youtube.com/watch?v=TepVEhc4wdg&feature=related

¡Espero que os guste!

Besos.

Carmen Baña dijo...

Iso dá idea das infinitas posibilidades que ofrece a rede e da repercusión que calquera actividade pode chegar a ter. Esperemos que saibamos aproveitalo. Non me cabe dúbida que tendo un "Merlín" e un "Ismaíl" entre nós estamos no camiño correcto.

Alberto Romero dijo...

Sendo importante que falen de nós, o trascendente é o traballo iniciado e a continuidade do mesmo. Parece que hai máis persoas na tripulación da nave e isto favorece a navegación. Itaca está próxima.