Páginas

22.11.09

5 maneiras de contar e de escribir

Se consideramos que a lectoescritura é cada vez máis multimedia, tamén podemos falar de como os novos medios dixitais son capaces dBuch2e apoiar a aprendizaxe da escritura. Por iso, neste post inclúo unha lista de cinco ferramentas fáciles de usar na educación primaria. Seguramente non son as mellores nin tampouco únicas, pero creo que son aplicacións básicas para que os nenos escriban coa axuda da tecnoloxía, e para desenvolver dese xeito a escritura na escola.

Son aplicacións de uso libre, aínda que algunhas esixen un rexistro previo. Non están ordenadas seguindo algún criterio, pero talvez ao principio áchense as máis sinxelas. Con calquera delas é posible ilusionar aos nenos para que gocen coa escritura, ao mesmo tempo que aumenta a súa competencia dixital. Iso é o que esperamos.

1) Animated Book: O Virtual Book, é unha ferramenta para facer libros virtuais ou dixitais. A súa aparencia é moi simple, case minimalista, pois só permite introducir texto, sen fotografías nin debuxos. Os traballos creados pódense gardar no computador, e tamén incrustar nunha páxina web ou un blog. Para isto último hai varios tamaños posibles. Pero é posible ler o libro en pantalla  completa. Un exemplo: Ismaíl e o xigante do deserto.

2) Tar Heel Reader: Serve para facer libros sinxelos baseados en texto e imaxes, de Flickr ou propias. Para escribir, logo de ter as imaxes seleccionadas, só hai que escribir un pequeno texto debaixo de cada unha. É necesario rexistrarse para poder usar esta ferramenta, pero en Educ@conTIC xa o fixeron, e aí descubrirás moita máis información. Como na súa lista de idiomas non aparecía o galego, o meu amigo Ismaíl púxose en contacto co administrador do sitio. Grazas á súa axuda, arranxouse esa cuestión. Un exemplo: Abecedario intercultural.

3) Bookr: É unha aplicación que tamén serve para crear e compartir libros de fotos con textos, empregando as imaxes que hai en Flickr. É moi sinxela de usar, e permite reciclar e reutilizar as obras que ten no seu arquivo para facer outras novas. É unha creación do equipo de Pimpampum, de Barcelona, de Barcelona, sendo moito máis coñecidos fose que entre nós. Un exemplo: Rubaiyat (Omar Khayyam).

4) TikaTok: Esta ferramenta dispón de cadros de texto para escribir as historias, poemas ou descricións. O tamaño da letra e o texto de cada páxina pódense escalar, colorear e situar. Hai moitas imaxes e debuxos para ilustrar os libros dixitais, ademais pódense subir todas aquelas que precisemos. Hai que rexistrarse, pero esta aplicación é todo un descubrimento: pretende que os nenos escriban, ilustren e publiquen os seus propios libros. Agora está nun proceso de remodelación e non deixa que incrustemos as obras creadas. Haberá que ver como evoluciona.

5) Mixbook: Trátase dunha aplicación que ten unhas boas calidades para deseCP_00069nvolver tanto a escritura individual como a colaborativa, a pesar de xurdir para facer libros de fotos. Ofrece unha chea de posibilidades: persoais para fotos e texto, imaxes propias ou persoais, fondos, etc. A súa aparencia é case profesional e os resultados son moi bos. A única obxección importante, ademais do idioma (inglés), é que cando se incrusta un libro nun blog, a reprodución automática está activada. Hai que detela para pasar as páxinas manualmente. Pero podemos ler o libro desde a súa web e en catro tamaños distintos. Un exemplo: Kids for Kenya.

Se queres ler outra versión deste post e en castelán, está en Educ@conTIC.

No hay comentarios: