Páginas

27.11.12

Ítaca volve!

Xa pasaron case tres anos desde o último post que se publicou aquí. De momento, fixéronse poucos cambios: algúns enlaces que se eliminaron porque desapareceran, novas cores e fondos no deseño do blog, o inicio dunha estrutura diferente, etc.

Como non se parte de cero, creo que sempre é mellor saber onde estabamos, para adaptarse ás novas realidades sen abandonar o noso camiño. Así, por exemplo, naquela primeira andaina só había un blog no CEIP Isaac Díaz Pardo, pero agora xa existen moitos máis, tanto de aula como de especialidades. Por iso, e tendo en conta os versos de Ítaca, haberá máis cambios neste sitio, que irán aparecendo durante as próximas semanas.

Para rematar, unhas  palabras que se dixeron antes:

“… este espazo virtual nace cun propósito humilde: atender á formación do profesorado, sempre que as nosas posibilidades así o permitan. Tamén queremos favorecer o intercambio de información, e difundir os materiais que en cada momento se elaboren”.

3 comentarios:

Melody dijo...

MARIO gacias.

Mario Aller dijo...

Melody... :-)

Melody dijo...

Este vídeo non o olvidarei...