Páginas

23.4.13

2 vídeos para o Día do Libro

En Ítaca, aula TIC, apreciamos moito a lectura. E hoxe é o 23 de abril, o Día Internacional do Libro, que é unha conmemoración que se celebra a nivel mundial co obxectivo de fomentar a lectura… Faise cada ano, e sobre os libros e a lectura escribíronse moitas cousas importantes. Por exemplo:

Aristóteles: Só o ser humano, entre os animais, posúe a palabra. Cicerón: Un fogar sen libros é como un corpo sen alma. Umberto Eco: O mundo está cheo de libros preciosos que ninguén le. Antón Cortizas: Se les é porque sabes, se sabes é porque les. J. R. R. Tolkien: Nunca se deixaba que a Fogueira dos Contos se apagara ou morrera en cinsas grises…



No hay comentarios: