Páginas

17.10.14

Os buscadores especializados

Ademais dos buscadores habituais, pódense realizar buscas moito máis restrinxidas grazas a certos buscadores especializados. Estes só mostran os recursos que cumpren unha serie de requisitos: tipo de documento, nivel da información, clase de material, etc. Na maioría dos casos os requisitos son seleccionados polo propio usuario, e así resulta máis doado atopar o que se procura.

  • Google académico: Para buscar bibliografía dun gran número de disciplinas e fontes: estudos, tese, libros, resumos, artigos de editoriais académicas, sociedades profesionais, universidades...
  • ERIC: Education Resources Information Center,se define como á maior base de datos educativa dispoñible on line, cun catálogo de máis dun millón de referencias datadas a partir da década dos 60, e máis de 100.000 documentos…
  • Eduso: Este portal con noticias, ofertas de traballo e convocatorias de eventos, reserva un espazo para buscar recursos por comunidade autónoma ou temática. Aseméllase a Educaweb.
  • Dialnet: Un portal de difusión científica especializado en ciencias humanas e sociais que foi creado pola Universidade de La Rioja. Todo o seu catálogo é de acceso libre, e inclúe revistas, libros, teses doutorais e outro tipo de documentos.
  • Redalyc: É a Rede de Revistas Científicas de América Latina e o Caribe, España e Portugal.
  • Educateca: Ten máis de 130.000 recursos para todos os niveis educativos e áreas do coñecemento.
  • Buscabiografías: Reúne biografías de centenares de personaxes coñecidos, que poden buscarse individualmente ou descubrirse en apartados como "bios máis vistas" ou "bios máis populares".
  • Chemedia: Este buscador busca documentos e artigos procedentes de revistas e libros, que logo poden descargarse en PDF.
  • Science Research: Especializado en temas puramente científicos, busca a información en máis de 300 coleccións e bases de datos, así como en repositorios e, mesmo, noutros buscadores.
  • Board Reader: Ademais de artigos, webs, notas de prensa ou foros de discusión, desde este buscador temático tamén atopar recursos audiovisuais sobre un tema.
  • TinEye: Se sobes unha fotografía a este buscador (ou introduces a súa URL), busca por toda a Rede e especifica a súa procedencia e en que lugares on line está a ser utilizada.
  • Slide Finder: Para encontrar presentacións en distintos idiomas.
  • PDF SB: Desde este sitio pódense ler e descargar libros electrónicos en formato PDF e de forma gratuíta.
  • Similar Sites: Ao introducir unha páxina web, busca outras páxinas con contidos similares. Tamén se pode explorar por categorías.

(vía Educación 3.0)