Páginas

28.11.14

Artefacto Díaz Pardo 02

Como podes ler en Educa con TIC, Thinglink é unha ferramenta que serve para crear imaxes interactivas con contido educativo por medio de enlaces web. E esa aplicación será o noso segundo artefacto Díaz Pardo.

Thinglink permite incluír en puntos concretos das imaxes tanto anotacións de texto como miniaturas e/ou enlaces de Youtube, Vimeo, TED, Spotify, iTunes, Soundcloud, Wikipedia, Flickr, Instagram, Twitter, Amazon, etc. Deste modo, a imaxe estática dará paso a outra distinta que reacciona e presenta novas informacións grazas ao movemento do rato do usuario, o que a converte nunha útil ferramenta educativa, entre outras posibilidades. Por exemplo, cunha gravación de son gardada en audioBoom, uns versos con aire medieval de Antonio García Teijeiro e algúns debuxos de alumnos, preparamos a imaxe seguinte.

E sobre a figura de Isaac Díaz Pardo, que é o nome do colexio, tamén realizamos unha sinxela actividade con esta aplicación. Pero iso foi noutro blog, hai xa algúns anos.

Por se che interesa saber máis cousas sobre as diferentes opcións deste artefacto multimedia, aquí tes boa información:

No hay comentarios: