Páginas

10.11.14

Máis sobre o artefacto 01

No primeiro artefacto dixital ou multimedia que chamamos Díaz Pardo, sobre todo prestamos unha maior atención á escritura de textos descritivos. Pois o feito de poder contar coas imaxes dunha ferramenta determinada pode facilitar a elaboración desa clase de textos. Agora ben, non hai que esquecer que os relatos e as historias son os textos que ofrecen unhas maiores posibilidades na educación. Así que as imaxes preparadas con este artefacto tamén posúen unha gran forza narrativa, o que facilita o seu uso durante a aprendizaxe da lingua escrita.