Páginas

23.2.15

Ideas dixitais para a escritura creativa

Explorar palabras e vocabulario con Wordle ou Tagul, que están nos artefacos dixitais Díaz Pardo, pode ser unha boa idea para empezar a escribir. Estas dúas aplicacións facilitan a xeración das chamadas nubes de palabras, e serven para calquera tipo de texto, orixinal ou de calquera libro. Escríbese no espazo que en cada páxina se indica, e os resultados, que son moi gráficos e visuais, poden funcionar como inspiración para unha actividade de escritura.

Ginés Ciudad-Real é un dos profesores responsables do blog Orientación Andújar, que xa un sitio de referencia no mundo educativo. A inmensa cantidade de recursos que ofrece é sorprendente. Ademais, todos eles son accesibles e gratuítos, como nos indican na mesma portada de acceso.

Ginés e Maribel Martínez Camacho interesáronse por algúns dos materiais e ideas para a creación de historias que aquí contamos. De xeito especial, sentíronse motivados polas posibilidades de invención de historias mediante varias das ideas que uso para escribir. De feito, traballaron nalgúns eles e adaptáronas moi ben. Segundo me contaron, o esforzo pagou a pena, xa que en poucas horas as súas versións do chamado caldeiro máxico foron descargadas un montón de veces, máis que calquera outro material. Para que logo digan, como o mesmo Ginés me comentou, que estes temas interesan a pouca xente…

  • Xerador de contos infinitos: A súa orixe é o caldeiro máxico antes citado. Trátase dun xerador de contos completamente editable en formato Excel. Unha vez que teñamos o arquivo aberto, pódense cambiar cada unha das variables da historia, engadindo ou quitando novas opcións e accedendo á zona de edición. Só hai que premer en F9 e iranse xerando as diferentes posibilidades de contos.
  • 1001 contos para traballar no cole: A partir dunhas variables que son diferentes para cada conto. os nenos terán que construír un conto, que poderá ser individual ou colectivo.
  • Novo xerador de contos infinitos para primaria: É a continuación do primeiro xerador de contos, e ao que complementa. É totalmente editable pois tamén é un arquivo Excel. Como no modelo anterior, a súa finalidade é a escritura creativa de contos, a invención de infinitas historias.

Preme aquí para ver O Caldeiro Máxico

(vía Educa con TIC)

No hay comentarios: