Páginas

13.3.15

Artefacto Díaz Pardo 06

Con StoryJumper, o noso novo artefacto, temos unha ferramenta para desenvolver a escritura de historias e a creatividade, pero tamén un sitio para a publicación dos relatos dos nosos alumnos. Permite a calquera crear e publicar un libro infantil, tanto dixital coma en tapa dura (neste caso, logo de pagamento).

A pesar de que este sitio está en inglés, como a maioría dos recursos da denominada Web 2.0, podemos crear con facilidade libros dixitais, unha vez que nos rexistremos. Como o rexistro que require é moi sinxelo, en poucos minutos se pode empezar a utilizar:

  • Nunha serie de pasos guiados permite que calquera historia apareza nun formato dixital de tipo flash, achegando tanto as imaxes (props) coma algunhas sinxelas ferramentas de texto. Ademais, inclúe algunhas propostas para crear as primeiras páxinas da historia.
  • Por outro lado, é posible subir outras imaxes dende o ordenador, e mesmo retocalas, co que se amplía o número de posibilidades de creación.
  • Ademais, ten outra vantaxe moi interesante: algunhas obras son públicas, de libre uso. En consecuencia, podemos modificalas segundo as nosas necesidades e gardalas coma se se tratase dun libro totalmente novo.
  • Tamén é posible ler os libros publicados en idiomas diferentes ao noso, xa que conta co seu propio servizo de tradución.
  • Ten unha faceta orientada ao mundo educativo e ao profesorado, xa que se pode rexistrar a aula, e por iso dispón dunha guía online (en inglés, claro) para favorecer a creatividade infantil.
  • Neste caso, a aplicación permite ser configurada para que un profesor realice actividades coa súa clase. Para este xeito de traballar pódense asignar automaticamente nomes ás pantallas dos equipos, tendo en conta os alumnos que vaian utilizalos. Así se incrementa a seguridade nos traballos e no uso dos ordenadores. E o profesor, se o considera oportuno, pode decidir se desexa permitir o acceso na casa ás historias que se están a crear.

1 comentario:

Mario Aller dijo...

Acabo de facer outra proba e agora funiona moito mellor que antes. Incluso permite incrustar os libros dixitais en webs e blogs... :-)

http://escoladeismail04.blogspot.com.es/2015/03/o-libro-da-princesa-leitzu.html