Páginas

6.3.15

Lingua escrita e aprendizaxe cooperativa

A aprendizaxe da lectura e da escritura require unha planificación e un tempo escolar perfectamente definido, onde se poida facer realidade a experimentación e o xogo coa lingua escrita. Por exemplo, para a creación de contos e historias na aula. Porque o coñecemento xorde da interacción entre a experiencia sensorial e o razoamento, que son dous aspectos indisociables. Por iso, non se deben separar as actividades de lectura e de escritura do traballo cooperativo. As vantaxes que ofrece son moitas e de tanta eficacia que a escola non pode desaproveitalas, como se relata en numerosas investigacións.

En resumo, a cooperación e a colaboración durante a aprendizaxe serven:

  • para aprender a traballar cos demais, promovendo unha organización compartida;
  • para aumentar o respecto mutuo entre os nenos;
    para aprender a dialogar e a discutir, sabendo defender os propios pensamentos;
  • para descubrir ideas en común, ofrecendo oportunidades de traballo variadas;
  • para aprender a ceder ante propostas mellores;
  • para introducir a corrección idiomática entre iguais no momento mesmo das actividades de lectoescritura;
  • para animar os nenos a responsabilizarse da súa aprendizaxe;
  • para clarificar sentimentos persoais e pensamentos por medio da comprensión;
  • e para incrementar a autoestima e o coñecemento individual e colectivo.

Nas circunstancias dunha escola, a interacción entre compañeiros con niveis lixeiramente distantes, nas habilidades ou no dominio lingüístico, debido aos conflitos cognitivos que aparecen, posibilita o coñecemento dos outros e as diversas perspectivas dunha mesma actividade. Silvia González e Pep Hernández explícano moi ben nunha experiencia que combina a aprendizaxe da lingua escrita e uso das TIC.

No hay comentarios: