Páginas

16.4.15

Mapas conceptuais online e noutros dispositivos

Un mapa conceptual ou mental é un diagrama usado para representar as palabras, ideas, tarefas e debuxos ou outros conceptos ligados e dispostos radialmente ao redor dunha palabra clave ou dunha idea central. Os mapas mentais ou conceptuais son un método moi eficaz para extraer e memorizar información. Son unha forma lóxica e creativa de tomar notas e expresar ideas que consiste, literalmente, en cartografar as súas reflexións sobre un tema.

Hai que dicir que o gran difusor da idea do mapa mental foi Tony Buzan en 1974 co seu libro "Use Your Head". En español, Cómo utilizar su mente, de Ediciones Deusto.

A continuación, comparto unha interesante selección de ferramentas gratuítas para elaborar mapas conceptuais que atopei nas redes:

  • 10 sinxelos tutoriais para crear Mapas Conceptuais na aula (Inevery Crea)
  • Mindmeister: É unha das opcións mais completas para elaborar mapas mentais. Permite ata 3 tres mapas de forma gratuíta, e en case todos os dispositivos.
  • Creately: Esta ferramenta permítenos elaborar Infografías, diagramas de fluxo, planos de circuítos electrónicos, planos de rede, diagramas de Venn, mapas de sitio, entre outros.
  • Connected Mind: É unha extensión para o navegador Google Chrome que permite deseñar varios tipos de mapas rapidamente. Entre as súas opcións dispón de diferentes tipografías, variedade de formas para utilizar, autogardado, IOS, Android, etc.
  • Lucidchart: Permite elaborar diagramas de fluxo, infografías, planos de rede, diagramas de Venn, mapas do sitio, etc. Ademais, se non temos unha idea clara podemos observar os exemplos e vídeos para ampliar a nosa visión.
  • Coggle: Bastante sinxelo de utilizar, é gratuito e só require que lle deamos permiso coa nosa conta de Google. Permite invitar a outra persoas para traballar nun mesmo mapa e o resultado final pode gardarse en PDF ou PNG.
  • Cacco: Facilita o crear e inserir diagramas ben elaborados cun toque profesional en documentos en liña. As modificacións aparecen ao instante, de modo que veremos a versión máis recente do diagrama.
  • Bubbl.us: Outra ferramenta bastante sinxela pero moi útil na súa tarefa. Permite ser usada sen necesidade de rexistro e de forma gratuíta, ademais exporta o traballo realizado en formatos.JPG e PNG. Ten a súa propia versión para IOS.
  • Mindomo: Unha aplicación bastante potente e completa, na súa versión libre permite elaborar só 3 mapas. Dispón de versións para Windows, Mac, Linux, iPad e Android.
  • iMindQ: É unha das opcións mais completas. Ademas da súa versión web dispón tamén de software para escritorio, IOS e Android. Na súa versión gratuíta permite elaborar ata 5 mapas e inclúe unha gran colección de posibilidades.
  • Mapas conceptuais: recopilatorio de aplicacións integradas en Google Drive (En marcha con las TIC)

(vía Maestro de la computación)

No hay comentarios: