Páginas

18.11.16

Historias do colexio

Os vídeos forman parte da narrativa dixital, como ben sabes. Esa narrativa, ou digital storytelling en inglés, é un procedemento actual para contar historias, porque unha imaxe vale máis que mil palabras.

Nese sentido, pregunteime que historias estarían agochadas nas imaxes do colexio? Realmente non o sabía. Pero para descubrilas só hai que dar un paseo polo seus corredores e andares, ou tamén polas súa aulas, claro. Polo de agora, eu fixen o primeiro e estas son as historias que atopei…

As fotografías fixéronse coa cámara dun móbil. O vídeo foi realizado coa aplicación Quik, da mesma compañía que fabrica as cámaras GoPro, para filmar vídeos de acción. É gratis e sen publicidade, e ofrece diversas posibilidades para editar as nosas películas dun xeito rápido e sinxelo. E todo desde o mesmo teléfono.

2 comentarios:

Amparo Martínez Moar dijo...

Me gusta mucho

Ana dijo...

Muy buen trabajo