Páginas

20.12.16

Polo Nadal

No colexio temos dúas grandes “reporteiras”, que son Natalia López e Belén Rodríguez. E agora Natalia, despois de visitar outra vez os diferentes corredores e andares do centro, preséntanos a súa última reportaxe. Primeiro fixo as fotografías necesarias, e logo usou unha ferramenta chamada Kizoa, que ofrece moitas posibilidades de edición.

Pódese dicir que o seguinte vídeo é a nosa maneira de celebrar a chegada destas datas…

Bo Nadal e próspero Aninovo!