Páginas

8.3.21

Ismaíl e a meiga de Malpica

As historias de Ismaíl de Saidabad chegaron á maior librería do mundo, a Amazon. Está dispoñible en formato dixital, aínda que pódese ler na maioría dos navegadores web. Pero tamén hai unha bonita versión en papel, para ler como sempre…

Preme aquí para ver o libro: Ismaíl e a meiga de Malpica



1.6.18

Os primeiros 25 anos

Estamos a celebrar os 25 anos do colexio, que empezou alá polo 1992, aquel ano que foi olímpico. E como se tratase dunha carreira de fondo, segue o seu camiño de educación e de vida. As imaxes que hai no vídeo así o confirman…

20.4.18

Dentro do colexio

Dentro do colexio están todas as cousas que alí se fan. Son traballos de aula, dos nenos e das nenas, do alumnado en xeral. Ás veces parece que non pasa o tempo, pero se observamos todos eses materiais descubriremos a memoria da súa evolución. E tamén a dos seus mestres e mestras, claro...

5.4.18

As 7 entradas máis vistas en 2017

O blog xa ten moitos anos. E estas son as sete entradas que tiveron máis visibilidade durante o ano 2017. Trataron asuntos moi diversos: o final do curso, o Samaín, a lectura, a LOMCE, o Entroido, o Nadal e o Día da Paz.

  1. Historias de xuño
  2. Imaxes do Samaín
  3. Un lector vive mil vidas
  4. A LOMCE contada en sete posts
  5. Máis sobre o Entroido
  6. Decembro artístico
  7. Recursos para o Día da Paz

29.11.17

Imaxes do Samaín

Antes de que chegue o Nadal, que está xa chamando á porta, pasémolo ben con este vídeo de Natalia López sobre o pasado Samaín. E, de paso, benvidos e benvidas ao noso colexio…

9.6.17

Historias de xuño

No mes de novembro falamos dunha interesante aplicación móbil para realizar pequenos vídeos coas imaxes que facemos co noso teléfono. Tratábase de Quik, da coñecida empresa que fabrica as cámaras GroPro. Volvemos a citar as súas cualidades cunha nova película neste mes de xuño, a piques de rematar o curso.

Tanto Quik como Adobe Premiere Clip son dúas aplicacións recomendables para a elaboración de videos para as aulas.

21.4.17

Un lector vive mil vidas

Cada 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro, como ben sabemos neste blog. Este ano, entre os recursos que podemos atopar nas redes, unha páxina de Pinterest ofrece diversas actividades dixitais, xogos e outros materiais interesantes. Hai moitas máis páxinas, claro. Pero os libros sen as librerías tampouco significarían moito, e no mundo hai algunhas librerías que son incribles, case como os escenarios dunha boa película.

Como dixo George R. R. Martin, ou autor do libro da serie Xogo de tronos: un lector vive mil vidas antes de morrer, aquel que nunca le vive só unha. Así que non deixemos nunca un bo libro, como recomendan os seguintes vídeos