Cada 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro, como ben sabemos neste blog. Este ano, entre os recursos que podemos atopar nas redes, unha páxina de Pinterest ofrece diversas actividades dixitais, xogos e outros materiais interesantes. Hai moitas máis páxinas, claro. Pero os libros sen as librerías tampouco significarían moito, e no mundo hai algunhas librerías que son incribles, case como os escenarios dunha boa película.
Como dixo George R. R. Martin, ou autor do libro da serie Xogo de tronos: un lector vive mil vidas antes de morrer, aquel que nunca le vive só unha. Así que non deixemos nunca un bo libro, como recomendan os seguintes vídeos…
Como din en Save The Children, a escola debería ser sempre un espazo no que sentirse seguro. Pero moitos nenos son víctimas da violencia física ou psicolóxica que exercen os seu propios compañeiros. Iso é o acoso escolar ou bullying, que a Consellería de Educación tamén contempla nun dos seus protocolos de actuación, ao igual que outras administracións do estado.
Tendo en conta o que ás veces aparece na prensa e nos outros medios, talvez haxa que facer máis visibles as medidas de prevención.
Os murais educativos son sempre un bo recurso para o Día da Paz ou para calquera outra celebración, como podes ver neste sitio. Tamén pode resultar interesante lembrar o que publicamos aquí sobre este asunto. Porque hai ideas que non poden desaparecer, só hai que transformalas ou adaptalas. Por exemplo:
Hai outros mundos pero están neste: Esa data é un bo momento para lembrar que en Internet temos á nosa disposición un montón de vídeos que invitan a reflexionar sobre o mundo…
Onte foi un día triste para o planeta. Por primeira vez, desde que se rexistra o dióxido de carbono que hai na Terra, superáronse as 400 partes por millón de CO2. Este é o principal responsable do quecemento global, e unha vez que son liberadas cantidades tan grandes pasarán centos ou mileiros de anos antes de que poidan ser rebaixadas.
Para a comunidade científica, con eses niveis de dióxido de carbono o planeta entrou nunha nova era climática. As consecuencias para a humanidade poden resultar desastrosas, e o mundo que virá será moi diferente ao actual. En todo caso, e como di o científico James Lovelock, autor da Teoría de Gaia, as peores consecuencias do que temos feito entre todos serán sufridas polos nosos fillos e netos.
Si de verdade queremos conseguir unha sociedade que via en harmonía coa natureza, nalgún momento deberemos empezar a respetala máis. Por exemplo, asumindo realmente medidas como as seguintes:
Reciclar, reducir consumo, reutilizar.
Apagar o ordenador e a televisión. Aínda que Lovelock pensa que se usamos móbiles, Internet e ordenadores, utilizaremos menos o coche ou o avión, que son moito máis contaminantes.
Xa chegou o outono e o tempo das castañas e o magosto. Pero aínda que a luz solar vaia a menos, iso non pode significar que ás nosas ideas tamén lles suceda o mesmo. Aquí tes unha listaxe de 13 enlaces que tratan asuntos moi diversos, desde a neurociencia ata a creación de murais dixitais. Incluso hai un deles relacionado coas viaxes, pois todo mestre sabe que son unha boa maneira de aprender, a pesar da crise…
Aínda que o exercicio de saír da aula e achegarse a un museo é unha gran idea, xeralmente é algo imposible, ou ben pola distancia ou por unha cuestión de horarios. Por iso, os museos con visitas virtuais son unha alternativa xenial para achegarse a todo tipo de arte e de culturas, de calquera cidade do mundo.
Grazas a Internet e ás novas tecnoloxías xa non é necesario achegarse fisicamente ao museo e pasar toda a xornada entre as súas catro paredes, descubrindo as obras que atesoura. Os museos con visitas virtuais son unha alternativa perfecta cando existen restricións que nos impiden visitalos na realidade.
Desde Educación 3.0 propóñennos unha selección de 10 museos con visitas virtuais para que poidamos percorrer os seus corredores e descubrir todo o que poden ensinarnos. Ademais, cunha aplicación adecuada, as tabletas (e incluso os móbiles) poden converterse nunha guía para explorar as principais obras mestras dos diferentes museos do mundo.
César Bona, un mestre español, foi un dos candidatos ao Global Teacher Prize. Chegou á súa fase final, onde había 50 profesores de todo o mundo. Este vídeo contén a súa conferencia na reunión TED que se celebrou en Barcelona o pasado mes de xuño.
Christopher Emdin é un profesor asociado do Departamento de Matemáticas, Ciencia e Tecnoloxía no Teachers College, Columbia University (USA). Nunha das súas charlas en TED, no ano 2013, afirmou que todas as persoas teñen a maxia para cativar e ensinar a outros. Ademais, mostrou como os mestres poden “darlle vida” á aula de clase…
Agora que comeza un novo curso escolar e que moitos mestres e alumnos estarán a utilizar tabletas con sistema operativo Android, podemos usar como referencia esta listaxe de aplicacións organizadas por categorías. Chegounos desde o gran blog de Celes Arteta, Educación tecnológica, que el tamén tomou prestado de EducationTechnology and Mobile Learning. En calquera caso, hai que dicir que moitas destas aplicacións están presentes no sistema operativo IOS.
Como todos os anos, o mes de maio é a festa das Letras Galegas. O escritor homenaxeado nesta ocasión, Xosé Filgueira Valverde, foi un profesor e investigador, ademais de escritor e poeta, entre outras ocupacións que tivo ao longo da súa vida. Nestes enlaces podes saber máis da súa vida:
ÚLTIMA HORA: Un dos blogs do colexio, Escola de Ismaíl (4), foi nomeado finalista no IX Premio Espiral de Edublogs 2015. O seu representante máis especial, Ismaíl de Saidabad, sabe da importancia de estar aquí, entre tanta xente boa… Por iso, moitas grazas!
Hoxe en día fálase duns tolos que ensinan e que o veñen facendo desde hai moito tempo. Eu coñézoos, vinos demasiadas veces movéndose ao meu arredor. Son algo raros, non o nego. Bastantes saen cedo pola mañá e están na súa aula moito tempo antes de empezar o seu traballo. Algúns percorren todos os días máis de 100 quilómetros ata o seu colexio, e outros tantos de volta para regresar ás súas casas. Por iso, os mal pensados din que están tolos.
Hai días que saen de excursión cos seus alumnos, como nas migracións, e encárganse de xestionar as autorizacións e permisos, de recoller o diñeiro para o transporte e incluso de asumir responsabilidades nos comedores. Ás veces, pola noite, co insomnio, soñan co seu colexio e aparécenselles ducias de planetas xiróvagos, ecosistemas de alta montaña e personaxes históricos momificados, coma se estivesen nunha sesión de cine. Contáronme que, polas mañás, moitos chegan ás súas clases cargados con cadernos pequenos, grandes libretas e exames, que corrixiron a tarde anterior nas súas casas. Por iso tamén din que están tolos, ou case.
As leis educativas chéganlles e desaparecen; eles adáptanse e exercen o seu labor, sen descoidarse. Ao parecer, nas vacacións pensan nas súas clases, nas súas materias, imaxinan proxectos novidosos, realizan cursos de verán, preparan tarefas para o curso seguinte. Cando comeza o outono, explican moito e normalmente levan caramelos de mel ou de limón nos petos. Algúns ata teñen unha botella de auga na súa mesa. A pesar de todo, a súa garganta sempre está un pouco dorida, aínda que seguen ensinando igual. Ás veces forzan moito a súa voz, que se volve rouca, pero continúan transmitindo os seus coñecementos con ilusión e cariño.
É terrible pero é certo. Hai xente que asegura deles que viven moi, moi ben. Non obstante, debido á crise recortáronlles o salario e eles seguen traballando coas mesmas ganas, ou mesmo máis que antes. Algúns non miran nin a súa nómina, porque a súa paixón polo ensino é tan forte que deixan o tempo do cobramento para outro momento. É certo que gozan co que realizan, que iso non é ningún delito. Aínda que tamén se frustran cando non saen ben as cousas, ou os seus alumnos non avanzan nin progresan ben. Están un pouco mal da cabeza, eu vinos, podedes crerme.
A pesar de todo, o seu nome é xa unha palabra mítica. Din que son mestres e mestras, profesores e profesoras, e que se senten moi orgullosos de selo neste tempo de cambios. Porque saben que, en calquera caso, os mestres aínda contan…
Agora que chega o Día Escolar e da Non Violencia, é un bo momento para lembrar que en Internet temos á nosa disposición un montón de vídeos que invitan a reflexionar sobre o mundo. A gran maioría pódense utilizar nas aulas, para mostrar así a gran diversidade social e cultural que existe neste planeta, no que tamén viven os nosos alumnos. Porque como dixo algún poeta, é certo que hai outros mundos, pero están aquí…
O autor do ensaio Pulgarcita, o profesor francés Michel Serres, afirma que antes de ensinar o que sexa a quen sexa, polo menos hai que coñecelo…
O mundo cambiou tanto que os mozos teñen que reinventar a roda. Así nace un novo ser humano, que o autor bautízao como Polgariña, sobre todo pola súa capacidade para enviar mensaxes co polgar. As sociedades occidentais experimentaron dúas revolucións: a transición do oral ao escrito, e o paso de escribir nunha lousa a escribir en libros. Agora vivimos a terceira revolución: a transición ás novas tecnoloxías. E non hai progreso ou desastre, xa sexa bo ou malo, esta é a realidade. Por esa razón, a xeración Pulgarcita ou Polgariña terá que reinventar unha nova forma de vivir xuntos, institucións e formas de ser e coñecer.
(vía Ibertic, Instituto Iberoamericano de TIC y Educación)
Desde hai anos, o coñecido filósofo Jose Antonio Marina alenta a gozar dun sistema educativo máis creativo. Por iso, a partir de hoxe presentáranse recursos educativos para que poñades en práctica esa creatividade. Primeiro empezaremos a rebuscar no propio blog, en entradas anteriores, e escolleremos algunhas ferramentas xa citadas. Logo, saíremos á Rede para ver as aplicacións que máis se recomendan para os nosos alumnos e aulas…
Compfight: A primeira das dúas ferramentas de busca de imaxes que presentamos neste post. Todas se basean o repositorio de fotos de Flickr, pero Compfight, entre outras opcións, permite buscar imaxes libres.
Google Maps: Esta fantástica aplicación ten un montón de boas posibilidades educativas, ademais do seu uso máis habitual para localizacións xeográficas. Entre outras opcións, en dúas actividades de Educa con TIC xa demostramos que a súa combinación cos contos e o relato dixital é posible: actividade 1 e actividade 2.
Speechable: Un xeito sinxelo de engadir textos ás imaxes, en forma de globos ou bocadillos, encóntrase neste sitio. As fotos poden subirse dende un ordenador ou dunha URL, e pódense compartir en redes, blogs ou a través do correo electrónico.
StoryJumper: Serve moi ben para desenvolver a escritura de historias e a creatividade, e tamén para a publicación dos relatos dos nosos alumnos. Ten outras moitas opcións e calidades que permiten a calquera crear e publicar un libro, tanto en liña coma en tapa dura (neste caso, logo de pagamento).
Bookr: Unha ferramenta sinxela, que non require grandes coñecementos. Créanse pequenos libros con imaxes conseguidas en Flickr, ás que se engade un pouco de texto e despois se publican. Non require ningunha clase de rexistro.
Tag Galaxy: Trátase dun buscador que relaciona as palabras ou etiquetas marcadoras (tags), e que pode axudarnos a encontrar moitos recursos gráficos. O seu funcionamento non ten ningún misterio: introduces unha expresión, o título dun libro, e ves aparecer unha especie galaxia de palabras en forma de esferas de cores, arredor do termo que escribises.
Planetarium:Trátase dun atractivo planetario online que ofrece un mapa do ceo interactivo para explorar as estrelas e os planetas.
No seguinte artigo publicado na prensa, a nai de Gus, un rapaz de 13 anos, explica como o seu fillo goza de longas conversacións co asistente por voz do seu teléfono móbil…
iAutism é un excelente site sobre o autismo. O proxecto naceu en 2010 dos pais de Sara, unha nena con autismo. Como moitos outros pais e nais, encontraron no campo das apps un mundo de posibilidades para a súa filla…
Resulta innegable a utilidade educativa de moitas aplicacións que se deseñan para as plataformas móbiles, tanto no caso dos smartphones como nas distintas clases de tabletas. Así que creo que é unha boa idea que desde este blog tamén se atendan esas novas necesidades, sempre que sexa posible, claro…
A Corporación de Radiodifusión Noruega, algo así como o equivalente en Noruega a RTVE, filmou en catro ocasións durante o pasado ano o recorrido da liña que une Trondheim e Bodø, a liña que chega máis ao norte do país. De paso que observas un resumo dese traxecto, tan semellante ao traballo dos mestres e mestras, aquí tes outra colección de interesantes enlaces…
Konstantino Kavafis foi un poeta grego que naceu en Alexandría (Exipto). Arredor do ano 1911 escribiu un famoso poema titulado Ítaca, unha palabra que recollimos neste blog para ter un nome propio. Estes son algúns dos seus últimos versos:
... Ten sempre a Ítaca na memoria. Chegar alí é a túa meta. Máis non apresures a viaxe. Mellor que se estenda longos anos; e na túa vellez arribes á illa con canto gañes no camiño, sen esperar que Ítaca enriquézache. Ítaca regalouche unha fermosa viaxe. Sen ela o camiño non terías emprendido. Mais ningunha outra cousa pode darche. ...
Despois de case un curso enteiro de navegación por Internet, aínda temos moitas ilusións. Certamente a Ítaca non chegamos, pois seguro que haberá outras viaxes. En calquera caso, o futuro é impredicible e ninguén sabe os camiños que andará. Por iso agradécense os comentarios de todos os que viñeron ata aquí e contactaron connosco. Así é como se axudan os viaxeiros. Pero tamén lembramos a todos os que pasaron e leron as nosas palabras en silencio. Agardamos que esas palabras que escribimos tivesen algunha utilidade.
A alumna deste colexio, Noelia Bacariza Moreno, resultou gañadora na categoría N1 nos campionatos galegos de ximnasia artística, celebrados o pasado fin de semana na Coruña. Noelia conseguiu a victoria en todas as probas, e logrou un total de 5 medallas de ouro.
Ao igual que os últimos anos, o Seminario do CEIP Galán (Oseiro-Arteixo, A Coruña) presenta un material de moita utilidade: documentos para imprimir, actividades en liña e álbum de fotos.
Desde o blog As cousas da teacher, unha actividade en liña para descubrir quen foi Ramón Piñeiro. Está feita co programa LIM.
E para rematar, o vídeo titulado Olladas sobre Ramón Piñeiro. É moi interesante.