Estamos a celebrar os 25 anos do colexio, que empezou alá polo 1992, aquel ano que foi olímpico. E como se tratase dunha carreira de fondo, segue o seu camiño de educación e de vida. As imaxes que hai no vídeo así o confirman…
Páginas
1.6.18
29.11.17
Imaxes do Samaín
Antes de que chegue o Nadal, que está xa chamando á porta, pasémolo ben con este vídeo de Natalia López sobre o pasado Samaín. E, de paso, benvidos e benvidas ao noso colexio…
21.4.17
Un lector vive mil vidas
Cada 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro, como ben sabemos neste blog. Este ano, entre os recursos que podemos atopar nas redes, unha páxina de Pinterest ofrece diversas actividades dixitais, xogos e outros materiais interesantes. Hai moitas máis páxinas, claro. Pero os libros sen as librerías tampouco significarían moito, e no mundo hai algunhas librerías que son incribles, case como os escenarios dunha boa película.
Como dixo George R. R. Martin, ou autor do libro da serie Xogo de tronos: un lector vive mil vidas antes de morrer, aquel que nunca le vive só unha. Así que non deixemos nunca un bo libro, como recomendan os seguintes vídeos…
16.3.17
Máis sobre o Entroido
Natalia López preparou un novo vídeo con fotografías do Entroido. Utiliza os recursos que ofrece a versión de pago que ten Kizoa, como xa comentamos noutro post. Tanto nesta versión como na que é gratis, trátase dunha ferramenta moi útil e sinxela para para elaborar presentacións e vídeos escolares.
7.3.17
O último entroido
Coas fotografías da nosa compañeira e colaboradora Belén Rodríguez, e o uso da aplicación móbil Quik, presentamos un pequeno vídeo con imaxes do entroido de 2017 no noso colexio, o CEIP Isaac Díaz Pardo.
20.1.17
Máis ideas para a paz
Despois da aportación de Aurora Fernández e das primeiras ideas para este novo Día da Paz que xa presentamos, publicamos outra listaxe de recursos e de materiais para esta celebración.
- Recursos educativos para celebrar o Día da Paz (Educación 3.0)
- Protexamos a paz (enrédate.org, UNICEF)
- A Paz, tema transversal (Orientación Andújar)
- Día da Paz e a Non Violencia (Educapeques)
- Propostas do CEIP Isaac Peral (Ferrol)
- 1000+ imaxes sobre este tema (Pinterest)
- Recursos educativos do INTEF (MECD)
13.1.17
Ideas para o Día da Paz
Os murais educativos son sempre un bo recurso para o Día da Paz ou para calquera outra celebración, como podes ver neste sitio. Tamén pode resultar interesante lembrar o que publicamos aquí sobre este asunto. Porque hai ideas que non poden desaparecer, só hai que transformalas ou adaptalas. Por exemplo:
- Hai outros mundos pero están neste: Esa data é un bo momento para lembrar que en Internet temos á nosa disposición un montón de vídeos que invitan a reflexionar sobre o mundo…
- Recursos para o Día da Paz: Cada 30 de xaneiro, no aniversario da morte de Mahatma Gandhi, celébrase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz ao redor do mundo, como amosa esta listaxe de enlaces…
Celebration | Songs Around The World from Playing For Change on Vimeo.
20.12.16
Polo Nadal
No colexio temos dúas grandes “reporteiras”, que son Natalia López e Belén Rodríguez. E agora Natalia, despois de visitar outra vez os diferentes corredores e andares do centro, preséntanos a súa última reportaxe. Primeiro fixo as fotografías necesarias, e logo usou unha ferramenta chamada Kizoa, que ofrece moitas posibilidades de edición.
Pódese dicir que o seguinte vídeo é a nosa maneira de celebrar a chegada destas datas…
Bo Nadal e próspero Aninovo!
9.12.16
O Nadal xa está aquí
Chega o Nadal, que se acaba o ano, e hai moitas posibilidades dixitais na rede. Por exemplo, nestas ligazóns que tes aquí…
- Recursos de Nadal
- Árbore interactiva de Nadal para decorar
- Vestir a Papá Noel
- Construír o teu propio boneco de neve
- Montar o Portal de Belén colocando as personaxes
- Facer unha foto cos Reis Magos
- Elaborar as túas tarxetas de Nadal online
- Xogos navideños: puzzles, sopas de letras e máis cousas
- Xogo de Nadal
- Xogos de Nadal
- Xogos de Nadal para nenos de primaria
- Outros recursos descargables e dixitais
- 100 enlaces de recursos TIC sobre o Nadal
15.11.16
Polo San Martiño
O San Martiño, ademais do tempo das castañas, tamén era o tempo dos peóns. E así pasou no noso colexio o venres 11 de novembro. O patio, durante o recreo, encheuse de nenos e nenas que practicaron o xogo popular das buxainas ou trompos. Menos mal que andaba por alí Belén Rodríguez, a profesora de Educación Física, e puido gravar o que estaba a pasar, igual que ocorreu no post anterior…
9.11.16
Tempo de outono
Acabamos de celebrar no noso colexio o Samaín e a festa das castañas, o Magosto. Son as dúas celebracións que sinalan que estamos no outono e que o inverno empezará a chegar a modiño. Como as nosas compañeiras Natalia e Belén fixeron unhas bonitas fotos deses eventos, e despois prepararon con elas uns vídeos incribles, o mellor é non dicir nada máis. Porque é ben sabido que unha imaxe vale máis que mil palabras.
De Natalia López, a degustación do outono…
De Natalia López, as imaxes do Samaín…
De Belén Rodríguez, a festa do magosto…
21.10.16
Chega o Samaín
Chega o Samaín, e tamén o Halloween, que a palabra é o de menos. Tendo en conta o tipo de celebración que recibe, non hai referencias a este festexo na antropoloxia de Galicia. Pero o feito é que apareceu nos colexios hai algúns anos, e a cousa parece que seguirá, pois o mundo anglosaxón ten moita forza. Por iso, non é unha mala idea saber onde existen bos recursos para estes días de cabazas e bruxas…
- O Samaín (Web de Norberto)
- Samaín (Escola de Barciela, CRA de Vilaboa)
- Recursos para o Samaín (CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro)
- Materiais para celebrar o Samaín (orientacióncondesa)
- Celebración do Samaín (CEIP Frián-Teis)
- Outono, Magosto, Samaín (CEIP Antonio Pedrosa Latas)
- Celebraciones: Samaín (Pinterest)
- Samaín-Halloween (Pinterest)
- Recursos para Samaín-Halloween (Dálle un coliño)
- Indo para o Samaín, e outras historias (Isuu)
- Symbaloo de recursos para Halloween (Palabras Azules)
- Halloween Printables Worksheets (DLTK´s Growing Together)
- Películas, Samaín, Halloween (Escola de Ismaíl 4)
- Os xogos de outono 2014 (Ítaca, Aula TIc)
24.9.15
Día Europeo das Linguas
Por iniciativa do Consello de Europa en Estrasburgo, o Día Europeo das Linguas vén celebrando, desde 2001, o 26 de setembro de cada ano. Entre os seus principais obxectivos póodense salientar os seguintes:
- Destacar a importancia da aprendizaxe de linguas e diversificar a variedade de linguas que se aprenden para incrementar o plurilingüismo e a comunicación intercultural.
- Promover a riqueza da diversidade lingüística e cultural de Europa, que debemos preservar e potenciar.
- Promover a aprendizaxe permanente de linguas tanto dentro como fóra da escola, xa sexa co propósito de realizar estudos, intercambios, por necesidades profesionais, mobilidade ou pracer.
Nestes enlaces atoparás materiais de interese:
- Sitio oficial do Día Europeo das Linguas.
- Información da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
- Programa de actividades da Deputación da Coruña.
- No Día Europeo das Linguas, da Real Academia da Galega.
8.5.15
Letras Galegas 2015
Como todos os anos, o mes de maio é a festa das Letras Galegas. O escritor homenaxeado nesta ocasión, Xosé Filgueira Valverde, foi un profesor e investigador, ademais de escritor e poeta, entre outras ocupacións que tivo ao longo da súa vida. Nestes enlaces podes saber máis da súa vida:
- Xosé Filgueira Valverde, do Museo de Pontevedra. E tamén na Biblioteca Virtual Galega.
- A moza que fai frores, unha obra do autor.
- Xosé Filgueira Valverde, Día das Letras Galegas 2015, no Espazo Abalar.
- Actividades do Seminario Galán, de Arteixo.
- Vida e obra de Filgueira Valverde, unha actividade LIM de Concepción Arias.
- Pasapalabras de Xosé Filgueira Valverde, en GenMagic.
- Peneira de recursos sobre Filgueira Valverde, en Botóns.
- Recursos da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.
- Recursos da Secretaría Xeral de Política Linguística, Xunta de Galicia.
ÚLTIMA HORA: Un dos blogs do colexio, Escola de Ismaíl (4), foi nomeado finalista no IX Premio Espiral de Edublogs 2015. O seu representante máis especial, Ismaíl de Saidabad, sabe da importancia de estar aquí, entre tanta xente boa… Por iso, moitas grazas!
24.2.15
O Día de Rosalía
Rosalía de Castro naceu un 24 de febreiro de 1837, e escribiu algúns dos versos máis coñecidos en lingua galega. Por iso é unha das nosas escritoras máis grandes. Hoxe lembramos o seu nacemento usando un dos nosos artefactos Diaz Pardo. Nesta ocasión, a ferramenta Wordle…
23.1.15
Recursos para o Día da Paz
Cada 30 de xaneiro, no aniversario da morte de Mahatma Gandhi, celébrase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz ao redor do mundo. Porque din que se nos unimos, seremos de verdade máis fortes. Igual que o grupo de músicos populares do vídeo, mesmo algún xa famoso, que se uniron para cantar e gravar unha fermosa canción de Bob Marley. Pero fixérono como unha única voz, pois o noso mundo é só un…
En calquera caso, esta listaxe de recursos non é a única:
- No portal educativo Enrédate, da UNICEF, temos dúas propostas: O puzzle la Paz, unha actividade para Educación Infantil; Protexamos a paz, con actividades para Educación Primaria.
- En Scoop.it temos un gran colección de actividades para esta celebración: DENIP, Recopilación de enlaces para celebración DENYP.
- En Pinterest tamén atopamos diversas ideas para esta data, entre elas escollo a de crisgarme.
- A páxina web do Seminario Galego de Educación para a Paz ofrece tamén moitas posibilidades.
- Selección de materiais: Recursos para a Paz, de mbaz en Symbaloo; Recursos para o Día da Paz, Biblioteca Mestres Goldar (Vigo); Día da Paz, do CEIP Isaac Peral (Ferrol).
- A historia de Sadako (Escola de Ismaíl 3, 2011-2013).
- ACTUALIZACIÓNS:
- 35 recursos para o Día Escolar da Paz (e para cada día).
- Participa en Twitter con #palabrasparalapaz
- Máis recursos para o Día da Paz (Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato).
- As 7 mellores frases sobre a Paz e a Non Violencia.
Playing For Change | Song Around The World "One Love" from Playing For Change on Vimeo.
16.1.15
Hai outros mundos pero están neste
Agora que chega o Día Escolar e da Non Violencia, é un bo momento para lembrar que en Internet temos á nosa disposición un montón de vídeos que invitan a reflexionar sobre o mundo. A gran maioría pódense utilizar nas aulas, para mostrar así a gran diversidade social e cultural que existe neste planeta, no que tamén viven os nosos alumnos. Porque como dixo algún poeta, é certo que hai outros mundos, pero están aquí…
17.12.14
Os mellores desexos
Coas letras construímos palabras
Coas palabras construímos frases
Coas frases construímos libros
Cos libros podemos construír a liberdade
Alfonso Álvarez Cáccamo
15.12.14
Un montón de recursos para o Nadal
Ademais dos recursos para o Nadal que xa están no blog LuscoFusco, do ENDL do colexio, hai na Rede máis posibilidades. Aquí tes algunhas:
- Árbore interactiva de Nadal para decorar
- Vestir a Papá Noel
- Construír o teu propio boneco de neve
- Montar o Portal de Belén colocando as personaxes
- Facer unha foto cos Reis Magos
- Elaborar as túas tarxetas de Nadal online
- Xogos navideños: puzzles, sopas de letras e máis cousas
- Celebramos o Nadal, de Ana Martínez
- Jocs Nadal, un Symbaloo de Mireia Torrent
- Outros recursos descargables e dixitais
15.10.14
Xogos de outono 2014
Como ben sabes, xa entramos no outono. E como empeza a facer frío e a chover, trátase dunha boa época para todo tipo de xogos, tamén co ordenador…
Xogos de memoria e estratexia
Xogos de aventura e deportes
Xogos de Halloween ou Samaín
- Online Pumpkin Carving: para que adornes unha cabaza virtual.
- Halloween Pairs Game: busca as parellas de imaxes monstruosas.
- Bay Jigsaw Puzzle: un crebacabezas de medo.
- Halloween Jigsaw Puzzle: outro crebacabezas.
- Monster Band: queres dirixir unha banda de monstros?
- Halloween Games: máis de 30 xogos espectaculares para Hallowen ou Samaín, como ti queiras.


