Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta inglés. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta inglés. Mostrar todas las entradas

27.10.08

Outra axuda

Sindi González, a directora do colexio e mestra de 2º B, facilítanos unha nova relación de enlaces de interese.

De todo un pouco: Aplicaciones educativas, Aplicaciones didácticas

Inglés: Anglès 365, Fridgefun4kids

Castellano: Actividades MIE-CAIT, Caja de las palabras mágicas

Poesía: Taller General de Poesía, BLIX Poesía

Pizarra dixital: Recursos para la pizarra digital (Edebé)

Agradecemos de novo este detalle, e, mentres facemos a valoración dos mesmos, aproveitamos a ocasión para recordar a importancia das TIC no mundo actual. No noso centro, a partir das súas posibilidades, tamén se traballa pola renovación tecnolóxica. Pero non está de máis que lembremos (con humor) a confusión que, ás veces, se produce entre esa tecnoloxía e a metodoloxía...

[vía Ensino en galego]

9.10.08

A primeira axuda

Ana Real, a profesora de Relixión, foi a primeira compañeira en ofrecernos algúns enlaces que considera de interese para esta iniciativa. Desde aquí agradecemos o seu detalle, e a súa rapidez, pois sabemos que é una boa usuaria de Internet e das novas tecnoloxías.

Mentres valoramos estes sitos web para a súa integración no noso catálogo de enlaces, mostramos a súa valiosa axuda.

Caxigalines Supersaber
Arte y mercado Aprende con Frosti
Lola Pirindola Ki-Kids
Hola Chicos PequeNet
Playhouse Disney  

Hai tempo, un poeta dixo que a poesía era un arma cargada de futuro. E como o futuro sen as novas tecnoloxías non parece posible, deixamos para ler algúns versos do poema Ítaca, de Konstantino Kavafis:

Ten sempre a Ítaca na memoria.
Chegar alí é a túa meta.
Mais non apures a viaxe.
Mellor que se estenda longos anos;
e que na túa vellez chegues á illa
con todo o que gañes no camiño,
sen agardar que Ítaca che enriqueza.

Ítaca regalouche unha fermosa viaxe.
Sen ela o camiño non terías empezado.
Mais ningunha outra cousa pode darche...

(Poesías completas)