Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta ciencias naturais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ciencias naturais. Mostrar todas las entradas

25.10.16

Gaia

Onte foi un día triste para o planeta. Por primeira vez, desde que se rexistra o dióxido de carbono que hai na Terra, superáronse as 400 partes por millón de CO2. Este é o principal responsable do quecemento global, e unha vez que son liberadas cantidades tan grandes pasarán centos ou mileiros de anos antes de que poidan ser rebaixadas.

Para a comunidade científica, con eses niveis de dióxido de carbono o planeta entrou nunha nova era climática. As consecuencias para a humanidade poden resultar desastrosas, e o mundo que virá será moi diferente ao actual. En todo caso, e como di o científico James Lovelock, autor da Teoría de Gaia, as peores consecuencias do que temos feito entre todos serán sufridas polos nosos fillos e netos.

Si de verdade queremos conseguir unha sociedade que via en harmonía coa natureza, nalgún momento deberemos empezar a respetala máis. Por exemplo, asumindo realmente medidas como as seguintes:

  • Reciclar, reducir consumo, reutilizar.
  • Apagar o ordenador e a televisión. Aínda que Lovelock pensa que se usamos móbiles, Internet e ordenadores, utilizaremos menos o coche ou o avión, que son moito máis contaminantes.
  • Usar bombillas sostibles.
  • Usar o transporte público.
  • Reducir o uso de auga.
  • Loitar contra a perda de bosques e selvas.
  • Seguir unha dieta baixa en emisión de carbono.