Onte foi un día triste para o planeta. Por primeira vez, desde que se rexistra o dióxido de carbono que hai na Terra, superáronse as 400 partes por millón de CO2. Este é o principal responsable do quecemento global, e unha vez que son liberadas cantidades tan grandes pasarán centos ou mileiros de anos antes de que poidan ser rebaixadas.
Para a comunidade científica, con eses niveis de dióxido de carbono o planeta entrou nunha nova era climática. As consecuencias para a humanidade poden resultar desastrosas, e o mundo que virá será moi diferente ao actual. En todo caso, e como di o científico James Lovelock, autor da Teoría de Gaia, as peores consecuencias do que temos feito entre todos serán sufridas polos nosos fillos e netos.
Si de verdade queremos conseguir unha sociedade que via en harmonía coa natureza, nalgún momento deberemos empezar a respetala máis. Por exemplo, asumindo realmente medidas como as seguintes:
- Reciclar, reducir consumo, reutilizar.
- Apagar o ordenador e a televisión. Aínda que Lovelock pensa que se usamos móbiles, Internet e ordenadores, utilizaremos menos o coche ou o avión, que son moito máis contaminantes.
- Usar bombillas sostibles.
- Usar o transporte público.
- Reducir o uso de auga.
- Loitar contra a perda de bosques e selvas.
- Seguir unha dieta baixa en emisión de carbono.
No hay comentarios:
Publicar un comentario