Por iniciativa do Consello de Europa en Estrasburgo, o Día Europeo das Linguas vén celebrando, desde 2001, o 26 de setembro de cada ano. Entre os seus principais obxectivos póodense salientar os seguintes:
- Destacar a importancia da aprendizaxe de linguas e diversificar a variedade de linguas que se aprenden para incrementar o plurilingüismo e a comunicación intercultural.
- Promover a riqueza da diversidade lingüística e cultural de Europa, que debemos preservar e potenciar.
- Promover a aprendizaxe permanente de linguas tanto dentro como fóra da escola, xa sexa co propósito de realizar estudos, intercambios, por necesidades profesionais, mobilidade ou pracer.
Nestes enlaces atoparás materiais de interese:
- Sitio oficial do Día Europeo das Linguas.
- Información da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
- Programa de actividades da Deputación da Coruña.
- No Día Europeo das Linguas, da Real Academia da Galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario