Konstantino Kavafis foi un poeta grego que naceu en Alexandría (Exipto). Arredor do ano 1911 escribiu un famoso poema titulado Ítaca, unha palabra que recollimos neste blog para ter un nome propio. Estes son algúns dos seus últimos versos:
...
Ten sempre a Ítaca na memoria.
Chegar alí é a túa meta.
Máis non apresures a viaxe.
Mellor que se estenda longos anos;
e na túa vellez arribes á illa
con canto gañes no camiño,
sen esperar que Ítaca enriquézache.
Ítaca regalouche unha fermosa viaxe.
Sen ela o camiño non terías emprendido.
Mais ningunha outra cousa pode darche.
...
Despois de case un curso enteiro de navegación por Internet, aínda temos moitas ilusións. Certamente a Ítaca non chegamos, pois seguro que haberá outras viaxes. En calquera caso, o futuro é impredicible e ninguén sabe os camiños que andará. Por iso agradécense os comentarios de todos os que viñeron ata aquí e contactaron connosco. Así é como se axudan os viaxeiros. Pero tamén lembramos a todos os que pasaron e leron as nosas palabras en silencio. Agardamos que esas palabras que escribimos tivesen algunha utilidade.
Esta canción é para vós…
3 comentarios:
A viaxe a Ítaca está chea de vicisitudes. Mais como ben dis, querido Mario, esta viaxe é para gostar dela, saboreala a bocados e pequenos grolos. O alimento do corpo e do espíritu. Chegamos a esta acolledora illa de verán. Serviranos para coller reparadores folgos e continuar a excitante viaxe.
Os grolos que nos atragantan son os da Consellería. Alí beben a costa nosa, piden que fagamos proxectos e outros papeleos, pero non dá nada a cambio. Nin formación seria, como fan as empresas serias e responsables. Cren que con enviar uns ordenadores, ou uns proxectores, ou unhas pizarras dixitais, a escola xa estará informatizada. E o máis abraiante é que logo dirán que a culpa é nosa. Ai, amigo Alberto, que veña o verán que xa estou atrancado...
Mario me encanta la cancion,tiene ritmo.
Publicar un comentario