Páginas

31.10.08

Falemos dos xogos

Xa temos no blog unha boa colección de enlaces, para diversas áreas e materias, que facilitan o uso da Aula de Informática. E como a imaxinación non é un estado, senón a existencia humana na súa totalidade, que dixo o poeta William Blake, tamén temos unha sección adicada aos xogos.

Así, os nenos e as nenas poden resolver quebracabezas variados, ou xogar ao preguntoiro e ao aforcado de San Xoán. Ademais, como estudan o inglés, poden atreverse cos animosos xogos de Orisinal ou practicar o ping pong virtual. Incluso, neste blog estarán en disposición de dirixir unha pequena orquestra, que toca unha canción de raíces brasileiras. Trátase de lograr que os instrumentos dos músicos actúen cando nós queiramos, para conseguir diferentes ritmos e sons.

Pero como valoramos os xogos, a partir de hoxe aumentamos as posibilidades desta sección:

  • Boohbah Zone é unha incrible web francesa chea de imaxinación, sen ningún tipo de instrucción oral ou escrita, polo que obriga a cada usuario a facer os seus propios descubrimentos.

Ainda que esta sección vai destinada aos máis baixiños, os adultos poden igualmente atreverse cos seus retos. Neste caso, non se admitirá ningún tipo de reclamación se empezades a poñer as mesmas caras que vemos neste vídeo...

No hay comentarios: