Fondo lector é un programa, en castelán, de desenvolvemento da lectura comprensiva orientado aos alumnos/as que se atopan na fase de desenvolvemento da lectura e para todos aqueles que presenten problemas de comprensión lectora. Consta de tres niveis: básico, intermedio e avanzado.
Os mil exercicios dos niveis básico e intermedio son de seis tipos e están orientados aos alumnos/as que comezan a ler ou aqueles que presentan dificultades na comprensión lectora.
- Ordenar as palabras dunha frase
- Ordenar una secuencia de frases
- Respostar a preguntas dunha lectura
- Relacionar unha palabra co seu sinónimo
- Relacionar unha palabra co seu antónimo
- Atopar unha palabra que non garda relación coas demais
No nivel avanzado desenvólvense cinco tipos de exercicios, orientados ao perfeccionamento da comprensión lectora.Poden ser usados polos alumnos/as que teñan un certo desenvolvemento da lectura comprensiva.
- Palabras polisémicas
- Sinalar o significado dunha frase feita
- Sinalar a idea principal dun texto
- Frases con diferentes sentidos das palabras polisémicas
- Sinalar o significado dun refrán
Enrédate un pouco e pincha no enlace que temos na sección de Linguas. Verás medrar a motivación dos teus alumnos como medra a escuma no mar rompente do golfo Ártabro.
1 comentario:
Case teño ganas de botarme a ese "fondo", pero creo que vou agardar. Parece que hoxe Alberto botou as redes e pillou unha de lectura comprensiva. Ánimo, compañeiro, que alguén pinchará...
Publicar un comentario