A maioría dos enlaces do blog distribúen as actividades por materias ou áreas de aprendizaxe. Nunha tarefa posterior, correspóndelle a cada mestre a decisión dos materiais que usará co seu alumnado. Claro que tamén hai algunhas seccións con usos específicos: por exemplo, para Educacion Infantil, Orientación e para mesma Educación Primaria, que acolle dous sitios web con actividades organizadas por niveis.
A partir de hoxe, aumentaremos o número de etiquetas do blog, o que permitirá que publiquemos máis enlaces. Así, incluiremos as seguintes etiquetas ou marcadores: 1º ciclo, 2º ciclo e 3º ciclo. Ao premer en cada unha delas, accederemos a máis enlaces.
Desa maneira, creo que conseguiremos manter unha boa visibilidade no blog, e, ao mesmo tempo, presentar novos recursos e materiais. Deberedes ter en conta que a clasificación só pretende ser unha axuda, pero que, como é lóxico, será persoal e subxectiva. Polo tanto, ao final decidiredes vós sobre a súa utilidade...
Enlaces para o 1º ciclo:
Lengua Castellana | Sopa de letras 1 Sopa de letras 2 Sopa de letras 3 |
Matemáticas | Une os puntos Carreras de sumas y restas Cálculo Tablas de multiplicar |
Medio | El cuerpo humano Los sentidos Los animales |
Educación Artística | La casa del mago |
E como despedida, xa que se achega o Día Escolar da Paz, o vídeo dunha canción moi famosa. A cantante chamábase Eva Cassidy.
No hay comentarios:
Publicar un comentario