Páginas

22.1.09

O venres non hai clase

Acabamos de ler na prensa dixital, por Internet, que a Consellería de Educación acordou suspender mañá as clases en todos os centros de ensino non universitario. A medida afecta ás provincias de A Coruña e Lugo, e débese ás previsións de fortes ventos. Ofrecemos este comunicado no blog para que as familias do colexio tomen as medidas oportunas. E tamén as debidas precaucións.

No hay comentarios: