O Entroido chegou ao Colexio. Puntual, ledo, algareiro, trouleiro, festeiro...
Os alumnos e alumnas de sexto anúnciannos o tradicional pregón.
Traemos o pregón de Entroido,
a mellor festa do ano.
Festa de andar pola rúa
moi ledos/as disfrazados /as.
O Entroido mandaranos,
vir dous días antes,
a todos ben vestidos
con cousas extravagantes.
Se vos gusta a troula
e disfrutades rindo,
vinde con nós
pasar este día de circo.
Haberá pallasos,
forzudos e bailarinas,
tigres e domadores
e tamén malabaristas.
Non faltarán os magos
nin tampouco os arlequíns
e unha banda de música
que dará xenio oír.
Comeremos as filloas
que as nais nos traerán
e queremos agradecerlles
o moito traballo que fan.
Ao Meco no medio do patio
queimarémolo ao final.
Meterémoslle petardos
para facelo estoupar.
Despois de que arda o Entroido,
iremos a bailar.
Entre risas e asubíos
disfrutaremos ata cansar.
O Entroido como fume vaise
pero volverá o próximo ano.
Con outros disfraces novos
estarémolo agardando.
E subiremos ás clases
un pouco tristes e cansos,
porque o próximo ano
nós non estaremos para celebralo.
Alumnos de sexto
No hay comentarios:
Publicar un comentario