Páginas

9.6.17

Historias de xuño

No mes de novembro falamos dunha interesante aplicación móbil para realizar pequenos vídeos coas imaxes que facemos co noso teléfono. Tratábase de Quik, da coñecida empresa que fabrica as cámaras GroPro. Volvemos a citar as súas cualidades cunha nova película neste mes de xuño, a piques de rematar o curso.

Tanto Quik como Adobe Premiere Clip son dúas aplicacións recomendables para a elaboración de videos para as aulas.

21.4.17

Un lector vive mil vidas

Cada 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro, como ben sabemos neste blog. Este ano, entre os recursos que podemos atopar nas redes, unha páxina de Pinterest ofrece diversas actividades dixitais, xogos e outros materiais interesantes. Hai moitas máis páxinas, claro. Pero os libros sen as librerías tampouco significarían moito, e no mundo hai algunhas librerías que son incribles, case como os escenarios dunha boa película.

Como dixo George R. R. Martin, ou autor do libro da serie Xogo de tronos: un lector vive mil vidas antes de morrer, aquel que nunca le vive só unha. Así que non deixemos nunca un bo libro, como recomendan os seguintes vídeos

16.3.17

Máis sobre o Entroido

Natalia López preparou un novo vídeo con fotografías do Entroido. Utiliza os recursos que ofrece a versión de pago que ten Kizoa, como xa comentamos noutro post. Tanto nesta versión como na que é gratis, trátase dunha ferramenta moi útil e sinxela para para elaborar presentacións e vídeos escolares.

7.3.17

O último entroido

Coas fotografías da nosa compañeira e colaboradora Belén Rodríguez, e o uso da aplicación móbil Quik, presentamos un pequeno vídeo con imaxes do entroido de 2017 no noso colexio, o CEIP Isaac Díaz Pardo.

27.1.17

Contra o acoso escolar

Como din en Save The Children, a escola debería ser sempre un espazo no que sentirse seguro. Pero moitos nenos son víctimas da violencia física ou psicolóxica que exercen os seu propios compañeiros. Iso é o acoso escolar ou bullying, que a Consellería de Educación tamén contempla nun dos seus protocolos de actuación, ao igual que outras administracións do estado.

Tendo en conta o que ás veces aparece na prensa e nos outros medios, talvez haxa que facer máis visibles as medidas de prevención.