Páginas

29.11.08

De todo un pouco

Estes días, iniciamos dúas novas seccións: unha dedicada á Pizarra dixital, ese novo recurso ás veces un tanto misterioso; e a outra dirixida á Educación Primaria en xeral, onde situaremos enlaces pero sen especificar áreas ou materias.

Ademais, hai outras seccións que van medrando día a día. Por exemplo, a denominada Recursos, da que xa falamos, faino con dous novos sitios: Galego para docentes, unha páxina web de Xosé Antón Vicente Rodríguez, do que tamén hai outros traballos seus na sección de Matemáticas; e Ciudad de la Pintura, un sitio incrible para coñecer pintores e museos de todo o mundo. Creo que a súa visita é moi interesante, pois incluso as obras artísticas poden descargarse en varios tamaños e calidades.

E tamén crece a sección destinada á Educación Infantil, que sabemos que usa moito e ben a Aula de Informática do colexio. Dos seus últimos enlaces, indicamos dous: Oswald, para a aprendizaxe do inglés nesa etapa educativa, e Poisson Rouge, un sitio web de usos múltiples (linguaxe, numeración, plástica, música). Os seus autores son os mesmos de Boohbah Zone, que está na sección Xogos, polo que hai moito de descubrir e adiviñar.

Hai tanto que ver en Internet!

Para rematar esta entrada, deixamos un novo enlace na sección Orientación, que se corresponde co Departamento do mesmo nome. Aquí destacamos a páxina web Comunicación Aumentativa. Lembrade que, para acceder a todos os seus servizos, precisades o identificador e o contrasinal que se nos entregou.

Como sabedes, existen en Internet centos de sitios útiles para o ensino e a aprendizaxe. Pero non se trata de encher un blog con ducias de enlaces para que ao final non se usen. É mellor unha listaxe ben organizada, que se poida aumentar ou reducir segundo as necesidades que aparezan. En todo caso, é a nosa opinión, non unha verdade absoluta...

2 comentarios:

Alberto Romero dijo...

Caderno de bitácora.
O argonauta capitán segue ao mando.Parabéns. A nave continúa a navegación.

Mario Aller dijo...

Unha das entradas tería de dicir algo de Ítaca e da súa terra incógnita. Empezo xa a buscar datos e nomes...