Páginas

2.12.08

O chimpancé Ayumu

Ayumu é un chimpancé moi listo. Así, nunha pantalla interactiva, recoñece a situación dos números do 1 ao 9, antes de ser tapados por un cadradiño branco. E logo, con moita rapidez, vai descubrindo onde estaba cada número, pero ordenando cada serie de menor a maior... Se non o cres, mira este vídeo (vía The PreSurfer). 

Se queres comparar as túas habilidades de memoria visual e rapidez mental, proba aquí. A ver se es quen de ganarlle ao chimpancé Ayumu... Inténtao!

Agora que chega o Nadal, aproveitamos a ocasión para aumentar a nosa querida sección de Xogos:

  • Animal Splicer 1.0: para crear, a partir de dous animais, outras criaturas.
  • Zui Games: un montón de xogos deportivos, de acción, educativos, puzzles, etc.

Os dous sitios están en inglés, pero non ofrecen demasiadas dificultades para xogar.

2 comentarios:

Alberto Romero dijo...

Paréceme que este Ayumu tennos a todos en "aiunas" coa sua extraordinaria capacidade memorística e perceptivo-visual

Carmen Baña dijo...

Non está mal a habilidade do mono, eu mesma obtiven un bo resultado (e iso que o intentei despois da siesta)pero convén non esquecer outras aptitudes menos "mecánicas" como a capacidade crítica e de reflexión. Procuremos fomentar nos nosos alumnos esas habilidades, aptitudes e actitudes que farán deles mellores persoas e empecemos por nós mesmos, proporcionándolles modelos axeitados que imitar.