Páginas

20.1.09

E agora, por ciclos

A maioría dos enlaces do blog distribúen as actividades por materias ou áreas de aprendizaxe. Nunha tarefa posterior, correspóndelle a cada mestre a decisión dos materiais que usará co seu alumnado. Claro que tamén hai algunhas seccións con usos específicos: por exemplo, para Educacion Infantil, Orientación e para mesma Educación Primaria, que acolle dous sitios web con actividades organizadas por niveis.

A partir de hoxe, aumentaremos o número de etiquetas do blog, o que permitirá que publiquemos máis enlaces. Así, incluiremos as seguintes etiquetas ou marcadores: 1º ciclo, 2º ciclo e 3º ciclo. Ao premer en cada unha delas, accederemos a máis enlaces.

Desa maneira, creo que conseguiremos manter unha boa visibilidade no blog, e, ao mesmo tempo, presentar novos recursos e materiais. Deberedes ter en conta que a clasificación só pretende ser unha axuda, pero que, como é lóxico, será persoal e subxectiva. Polo tanto, ao final decidiredes vós sobre a súa utilidade...

Enlaces para o 1º ciclo:

Lengua Castellana Sopa de letras 1
Sopa de letras 2
Sopa de letras 3
Matemáticas Une os puntos
Carreras de sumas y restas

Cálculo
Tablas de multiplicar
Medio El cuerpo humano
Los sentidos
Los animales
Educación Artística La casa del mago

E como despedida, xa que se achega o Día Escolar da Paz, o vídeo dunha canción moi famosa. A cantante chamábase Eva Cassidy.