Páginas

21.11.14

Ferramentas creativas (21/11/2014)

Desde hai anos, o coñecido filósofo Jose Antonio Marina alenta a gozar dun sistema educativo máis creativo. Por iso, a partir de hoxe presentáranse recursos educativos para que poñades en práctica esa creatividade. Primeiro empezaremos a rebuscar no propio blog, en entradas anteriores, e escolleremos algunhas ferramentas xa citadas. Logo, saíremos á Rede para ver as aplicacións que máis se recomendan para os nosos alumnos e aulas…

Compfight: A primeira das dúas ferramentas de busca de imaxes que presentamos neste post. Todas se basean o repositorio de fotos de Flickr, pero Compfight, entre outras opcións, permite buscar imaxes libres.

Google Maps: Esta fantástica aplicación ten un montón de boas posibilidades educativas, ademais do seu uso máis habitual para localizacións xeográficas. Entre outras opcións, en dúas actividades de Educa con TIC xa demostramos que a súa combinación cos contos e o relato dixital é posible: actividade 1 e actividade 2.

Speechable: Un xeito sinxelo de engadir textos ás imaxes, en forma de globos ou bocadillos, encóntrase neste sitio. As fotos poden subirse dende un ordenador ou dunha URL, e pódense compartir en redes, blogs ou a través do correo electrónico.

StoryJumper: Serve moi ben para desenvolver a escritura de historias e a creatividade, e tamén para a publicación dos relatos dos nosos alumnos. Ten outras moitas opcións e calidades que permiten a calquera crear e publicar un libro, tanto en liña coma en tapa dura (neste caso, logo de pagamento).

Bookr: Unha ferramenta sinxela, que non require grandes coñecementos. Créanse pequenos libros con imaxes conseguidas en Flickr, ás que se engade un pouco de texto e despois se publican. Non require ningunha clase de rexistro.

Tag Galaxy: Trátase dun buscador que relaciona as palabras ou etiquetas marcadoras (tags), e que pode axudarnos a encontrar moitos recursos gráficos. O seu funcionamento non ten ningún misterio: introduces unha expresión, o título dun libro, e ves aparecer unha especie galaxia de palabras en forma de esferas de cores, arredor do termo que escribises.

Planetarium:Trátase dun atractivo planetario online que ofrece un mapa do ceo interactivo para explorar as estrelas e os planetas.