Páginas

5.12.14

Artefacto Díaz Pardo 03

O cerebro humano está feito para contar e escoitar historias. Desde hai miles de anos, e en calquera lugar, é o xeito que a especie humana encontrou para compartir o coñecemento, os valores e as crenzas. É unha forma moi simple e poderosa, que está no noso ADN cultural. Pero agora mesmo, no ámbito educativo, aquelas aplicacións tecnolóxicas que nos permiten crear historias son máis fascinantes, sobre todo porque resultan bastante impredicibles ao utilizalas na escola.

Nesa capacidade de exploración reside unha boa parte do atractivo de ferramentas como PhotoPeach. En todo caso, é moi parecido ao que sucede cando se crea calquera historia. E por iso traémola aquí como o noso novo artefacto dixital ou multimedia. O seu funcionamento é moi fácil de aprender, e as súas posibilidades para contar e presentar historias son grandes…

A contar historias! on PhotoPeach