Páginas

1.2.15

Os mestres aínda contan

Hoxe en día fálase duns tolos que ensinan e que o veñen facendo desde hai moito tempo. Eu coñézoos, vinos demasiadas veces movéndose ao meu arredor. Son algo raros, non o nego. Bastantes saen cedo pola mañá e están na súa aula moito tempo antes de empezar o seu traballo. Algúns percorren todos os días máis de 100 quilómetros ata o seu colexio, e outros tantos de volta para regresar ás súas casas. Por iso, os mal pensados din que están tolos.

Hai días que saen de excursión cos seus alumnos, como nas migracións, e encárganse de xestionar as autorizacións e permisos, de recoller o diñeiro para o transporte e incluso de asumir responsabilidades nos comedores. Ás veces, pola noite, co insomnio, soñan co seu colexio e aparécenselles ducias de planetas xiróvagos, ecosistemas de alta montaña e personaxes históricos momificados, coma se estivesen nunha sesión de cine. Contáronme que, polas mañás, moitos chegan ás súas clases cargados con cadernos pequenos, grandes libretas e exames, que corrixiron a tarde anterior nas súas casas. Por iso tamén din que están tolos, ou case.

As leis educativas chéganlles e desaparecen; eles adáptanse e exercen o seu labor, sen descoidarse. Ao parecer, nas vacacións pensan nas súas clases, nas súas materias, imaxinan proxectos novidosos, realizan cursos de verán, preparan tarefas para o curso seguinte. Cando comeza o outono, explican moito e normalmente levan caramelos de mel ou de limón nos petos. Algúns ata teñen unha botella de auga na súa mesa. A pesar de todo, a súa garganta sempre está un pouco dorida, aínda que seguen ensinando igual. Ás veces forzan moito a súa voz, que se volve rouca, pero continúan transmitindo os seus coñecementos con ilusión e cariño.

É terrible pero é certo. Hai xente que asegura deles que viven moi, moi ben. Non obstante, debido á crise recortáronlles o salario e eles seguen traballando coas mesmas ganas, ou mesmo máis que antes. Algúns non miran nin a súa nómina, porque a súa paixón polo ensino é tan forte que deixan o tempo do cobramento para outro momento. É certo que gozan co que realizan, que iso non é ningún delito. Aínda que tamén se frustran cando non saen ben as cousas, ou os seus alumnos non avanzan nin progresan ben. Están un pouco mal da cabeza, eu vinos, podedes crerme.

A pesar de todo, o seu nome é xa unha palabra mítica. Din que son mestres e mestras, profesores e profesoras, e que se senten moi orgullosos de selo neste tempo de cambios. Porque saben que, en calquera caso, os mestres aínda contan…

(vía Educa con TIC)

4 comentarios:

Ana dijo...

Espero que alguien este orgulloso de mí.Gracias

Silvia M. M. dijo...

Hola!!!
También se puede comentar en este blog, verdad?

Mario Aller dijo...

Por supuesto, Silvia... :-)

Josefa Fernández Rodríguez dijo...

Gracias Mario. Estupendo