Páginas

30.9.16

Visitas a museos sen moverse da aula

Aínda que o exercicio de saír da aula e achegarse a un museo é unha gran idea, xeralmente é algo imposible, ou ben pola distancia ou por unha cuestión de horarios. Por iso, os museos con visitas virtuais son unha alternativa xenial para achegarse a todo tipo de arte e de culturas, de calquera cidade do mundo.

Grazas a Internet e ás novas tecnoloxías xa non é necesario achegarse fisicamente ao museo e pasar toda a xornada entre as súas catro paredes, descubrindo as obras que atesoura. Os museos con visitas virtuais son unha alternativa perfecta cando existen restricións que nos impiden visitalos na realidade.

Desde Educación 3.0 propóñennos unha selección de 10 museos con visitas virtuais para que poidamos percorrer os seus corredores e descubrir todo o que poden ensinarnos. Ademais, cunha aplicación adecuada, as tabletas (e incluso os móbiles) poden converterse nunha guía para explorar as principais obras mestras dos diferentes museos do mundo.

No hay comentarios: