Hoxe, como é Dia Mundial do Libro, os nenos e as nenas de 5º van facer a lectura dun conto para os máis pequenos. O titulo elixido é Carapuchiña, pero non é unha Carapuchiña calquera.
Non, en realidade son varias… Trátase de carapuchiñas que teñen outras cores. Así, en educación infantil escoitarán e verán á Carapuchiña Amarela. No 1º nivel será a Carapuchiña Verde quen aparecerá. E no 2º nivel descubrirán á Carapuchiña Azul.
As nenas e os nenos de 5º utilizarán, como apoio visual, uns libros xigantes que temos no colexio, e que realizamos hai algún tempo para outra actividade. Daquela, serviron para contar unhas historias moi interesantes e bonitas. E iso mesmo cremos que sucederá neste día tan especial.
Por iso, agardamos que vós guste e que o pasades moi ben.
2 comentarios:
Agora entendo porque Mario García e Ali,falaban entre eles de que mañán iba ser un día moi especial no colexio e falaban dos nenos de 5º que lles iban a contar un conto.........
Unha grande idea por parte de todo o colexio:profesores e alumnos.
FELICIDADES e feliz día do libro para todo o MUNDO.
Hai que facer unha pequena correción: tamén os nenos e as nenas de 6º contarán as historias de Carapuchiña aos máis pequenos. Xa empezaron, e hai que dicir que son uns auténticos contadores de historias...
Publicar un comentario