Este ano, o Día das Letras Galegas está dedicado a Ramón Piñeiro López. Para entender e valorar a súa figura, ofrecemos os seguintes materiais:
Vida e obra; desde a Real Academia Galega.
Biografía e bibliografía, desde a Galipedia, a wikipedia en galego; e tamén desde a Biblioteca Virtual Galega.
Día das Letras Galegas 2009, un blog sobre o autor homenaxeado realizado por Eduardo M. B.
Ao igual que os últimos anos, o Seminario do CEIP Galán (Oseiro-Arteixo, A Coruña) presenta un material de moita utilidade: documentos para imprimir, actividades en liña e álbum de fotos.
Desde o blog As cousas da teacher, unha actividade en liña para descubrir quen foi Ramón Piñeiro. Está feita co programa LIM.
E para rematar, o vídeo titulado Olladas sobre Ramón Piñeiro. É moi interesante.
2 comentarios:
Ola Mario, permitinme recoller o teu traballo de búsqueda sobre Ramón Piñeiro, para poñelo no blog do cole.
Grazas. Un saúdo dende a cidade das Burgas.
Celina
Non hai problema. Eu tamén uso diversas "axudas"...
Publicar un comentario