Aproveitando a resolución do III Premio Espiral Edublogs 09, facemos algúns cambios na estructura de Ítaca. Sobre todo, para darlle máis publicidade ao uso didáctico dos blogs, que xa teñen unha gran aceptación en Internet. Así, ademais das seccións que temos para Infantil e Primaria, agora haberá outra para blogs educativos desas etapas.
Hoxe mencionamos algúns dos blogs que resultaron premiados no concurso citado. E destacamos de maneira especial ao blog Departamento de Orientación, de Andújar. É moi bo.
Como sabedes, o noso blog Escola de Ismaíl resultou finalista na categoría de blogs de aula de primaria. Pero dos 14 finalistas, eramos o único que representaba ao 1º ciclo. Os máis pequenos estaban en minoría. A pesar de todo, sentímonos moi felices por chegar lonxe, tan lonxe… Grazas polo apoio prestado.
1 comentario:
Noraboa.
Os recoñecementos son importantes, mais a ilusión e a motivación aínda o son máis. Algún día estaremos en Ítaca tomando o hidromel acompañado de figos, se son miguelitos mellor que mellor.
Publicar un comentario