Páginas

5.2.09

Alistán, o demo oveiro

En flocos.TV, o cineclube do audiovisual galego, podemos descubrir filmes de ficción, de animación, documentais e cine experimental. Unha boa parte dese material está en galego, e foi dirixido por xente de aquí.

No ano 2003 apareceu Alistán, o demo oveiro, unha curtametraxe de Tomás Rodríguez e Virginia Curiá. É unha animación feita en plastilina, e baseada en textos do escritor Álvaro Cunqueiro.

O seu argumento é o seguinte: Alistán é un demo que sofre un grave desaxuste intestinal, o que lle produce o rexeitamento dos habitantes do bosque. Para resolver o seu cheirento problema, Alistán vai ao médico, que lle receita o consumo exclusivo de ovos de galiña...

Alistán, o demo oveiro

Preme na imaxe para ver o filme.

4 comentarios:

Noelia dijo...

Mario este si q fue bueno o Demo peideiro sepre tirando peidos.

Mario dijo...

E que ese demo tiña un cuíño moi lixeiro...

Noe dijo...

XA TE DIGO E O DO SACRISTAN Q LLE DEU NA BARRIGA Q SE DESMAYO.

Alberto Romero dijo...

Nos tempos de crise e paro é imprescindible ter amigos ata no inferno.