A chamada educación 2.0 nalgúns foros, baséase nos mesmos principios que a web 2.0: a aprendizaxe colaborativa e a creación de coñecemento social. E a aula resulta un dos medios máis axeitados para o seu desenvolvemento, porque é o lugar onde conviven os mestres e os alumnos. Por esa razón, a aula debería ser un lugar para o traballo conxunto e a axuda mutua.
Se a todo iso lle engadimos as ferramentas que Internet xa nos ofrece, usaremos de feito a web 2.0 na educación. É un paso necesario neste tempo, pois moitas ideas xa non son estáticas nin tampouco invariables. Antes que saber responder a un montón de preguntas, creo que é máis importante saber formular as preguntas útiles en cada contexto. Así é como se busca e se consegue a información.
[vía Educativa]
[vía Educación 2.0]
2 comentarios:
Canta sabiduría meu querido amigo. Os máis xeniais inventos e descubrimentos naceron de intelixentes e oportunas preguntas que ninguén cuestionara previamente. E a estas alturas da civilización humana xa non se pon en dúbida o traballo solidario en equipo.
Caderno de bitácora.
Estamos nunha encalmada. Onde está Eolo? Por que non se manifesta? Terá medo ás novas tecnoloxías?
Publicar un comentario